Homo erectus

Homo erectus
Rango fósil: Plistoceno

Reconstrución da cara

Reconstrución do esqueleto
Reconstrución do esqueleto

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: H. erectus
Nome binomial
Homo erectus'
(Dubois, 1892)
Sinonimia

O Homo erectus foi unha especie homínida, que se atopa desde o Plistoceno en diante, entre 1.8 de anos atrás a hai 143 mil. Orixinouse en África e expandiuse chegando de Inglaterra, a Xeorxia, a India, Sri Lanka, China e a Xava[1][2].

Hai desacordos en pé sobre da súa clasificación, devanceiros e a súa proxenie, sendo as principais liñas de debate dúas: que H. erectus é outro nome para o Homo ergaster, e polo tanto antecesor directo dos homínidos posteriores como 'Homo heidelbergensis, Homo neanderthalensis, e Homo sapiens; ou que fora unha especie distinta asiática diferente da africana H. ergaster.

Descubriuna Eugène Dubois en 1891, en Xava. O primeiro en propoñer o nome foi Ernst Mayr para unificar a clasificación dos fósiles asiáticos. Tiña feituras dun humano moderno, cunha capacidade cranial maior ca do Homo habilis. A fronte era menos prominente e presentaba protuberancias óseas enriba das órbitas dos ollos, coñecidos como arcos superciliares, e os dentes máis pequenos, deseñados para mastigar materiais vexetais duros e carne. O cerebro era o 74% do dos humanos modernos, e de altura alta (1,79 m de media).

O Homo erectus tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o H. erectus primeiro usou útiles do estilo da cultura de Olduvai e posteriormente usounos da cultura achelense. Os útiles que conservamos de ambos os dous períodos son de pedra. Os útiles de Olduvai son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüidade de 2,4 millóns de anos. A cultura achelense comezou hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.

O Homo erectus foi o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presas como actividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o Gran Val do Rift migrou ata o Mar Vermello e Asia e Europa, aprendendo a dominar a súa contorna por primeira vez e creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.

Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o lume. A evidencia máis antiga de control do lume data de hai 300.000 anos no asentamento de Terra Amata (na costa mediterránea francesa) e o sitio semella estar ocupado por Homo erectus. Semella que houbo outros lugares onde tamén houbo control do lume, datados entre 500.000 e 1.5000.000 en Francia, China e outras áreas, pero dubídase da súa veracidade.

Franz Weidenreich descubriu o asentamento máis importante de Homo erectus en Zhoukoudian, preto de Pequín, que recibiu primeiro o nome de Sinanthropus pekinensis ou Home de Pequín, aínda que máis tarde clasificouse como H. erectus. O cranio da táboa taxonómica procede do sitio de Tautavel, no sur de Francia, escavado por Henry de Lumley.

  1. Hazarika et al.. Homo erectus/ergaster and Out of Africa: Recent Developments in Paleoanthropology and Prehistoric Archaeology|. 2007
  2. Distribution of Acheulian sites in the Siwalik region Arquivado 04 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. An Overview of the Siwalik Acheulian & Reconsidering Its Chronological Relationship with the Soanian – A Theoretical Perspective (en inglés).

Developed by StudentB